O primeiro paso para certificar os produtos dunha entidade baixo a marca «pescadeRías ¿de onde se non?» é asegurarse de que se cumpren os requisitos xerais e específicos estipulados no Regulamento da marca. Estes requisitos pódense consultar no regulamento da marca de marca e/ou na Guía metodolóxica para a implantación da marca de calidade «pescadeRías ¿de onde se non?»
.
Pódese enviar a solicitude de certificación á Consellería do Mar, polas seguintes vías:
- Por correo postal á dirección:
Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica
Rúa do Sar, 75
15702 Santiago de Compostela
Rúa do Sar, 75
15702 Santiago de Compostela
- Por fax ao número 981 54 62 90
- Presentándoa en calquera das Delegacións da Consellería do Mar.
- Ou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

